Basilikon

Exemplar de basilikon da primeira época, con Cristo sedente e as imaxes de Andrónico II e Miguel IX sostendo un lábaro entre eles, coa lenda: ΘΕΕ ΒΟΗΘΕΙ AYTOKPATOPEC PWMAIWN ("Deus axuda os emperadores dos romanos").[1]

O basilikon (en grego: βασιλικόν [νόμισμα], basilikón), coñecido tamén como doukaton (δουκάτον), foi unha moeda bizantina de prata de ampla circulación, propia da primeira metade do século XIV. A súa introdución supuxo a volta á cuñaxe a grande escala da moeda arxéntea durante o Imperio Bizantino e, asemade, o abandono total das moedas de ouro a mediados dese século.[2][3][4][5]

  1. Hendy (1985). Páxina 531.
  2. Alfaro Asins, C. et al. "Basilicón". En Diccionario de numismática. Ministerio de Cultura. Madrid, 2009. ISBN 978-84-8181-405-7
  3. "Basilikon" en Forum Ancient Coins.
  4. "Basilikon". En Tipos de moneda bizantina. www.Tesorillo.com
  5. "The Basilikon Episode (1304-ca. 1367)". En The History of Bizantine Coinage.

© MMXXIII Rich X Search. We shall prevail. All rights reserved. Rich X Search